Necrofilia homosexual en lavancos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un lavanco macho. Un de cada dez lavancos son homosexuais.

A necrofilia homosexual en lavancos fai referencia a un comportamento documentado por primeira vez en 1995 nos Países Baixos. A necrofilia en animais sucede cando un animal vivo copula cun animal morto. O caso máis coñecido é o que presenciou Kees Moeliker do Museo de Historia Natural de Rotterdam ó observar actividades sexuais fóra da súa oficina entre un lavanco vivo e outro morto.[1] Dous lavancos (un de cada dez lavancos é homosexual) estaban a executar un voo de violación, típico comportamento na conduta sexual dos lavancos, cando chocaron contra a súa xanela. «Cando un deles morreu, o outro foi a por el e non recibiu ningunha resposta negativa (máis ben non recibiu ningunha resposta)». Moeliker describiu o caso como «necrofilia homosexual». Informouse cientificamente do mesmo en Deinsea 8-2001, xunto a unhas fotos, e por el Moeliker obtivo o premio Ig Nobel en bioloxía, outorgado á investigación divertida.[2][3]

Adicionalmente, observouse un comportamento parecido noutras especies. Por exemplo, os Rhinella marina machos copulan con outros Rhinella marina mortos, e mesmo con obxectos inanimados.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]