Ne-waza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ne-waza (en xaponés "técnicas de chan") é unha categoría de técnicas de Judo que agrupa as técnicas de katame-waza, cando estas se executan no chan.

O termo ne-waza emprégase ás veces como sinónimo de katame-waza, aínda que non é de todo correcto xa que non todas as técnicas que pertencen ao grupo katame-waza son executadas mentres os combatentes están no chan.[1] Algúns estrangulamentos e luxacións poden ser executadas amén dende unha posición erguida. Por tanto, tendo en conta a terminoloxía do Kodokan, o termo xeral para designar as técnicas de inmobilización, estrangulamento e luxación no Judo é katame-waza, que cando son aplicadas no chan pódese designar coma ne-waza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kano, Jigoro (1986). Kodansha International, ed. Kodokan Judo. Japan. p. 55. ISBN 978-1-56836-539-8.