Nathaniel Palmer
Nathaniel Palmer | |
---|---|
![]() Nathaniel Brown Palmer
|
|
Nacemento | 1799 |
Stonington, Connecticut ![]() |
|
Falecemento | 1877 |
Stonington, Connecticut ![]() |
|
Soterrado | Stonington |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | Mariñeiro. |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Nathaniel Brown Palmer, nado en 1799 en Stonington, Connecticut, e finado na mesma cidade en 1877 foi un mariñeiro baleeiro estadounidense, considerado o co-descubridor da Antártida.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Embárcase coma mariñeiro moi novo, acadando o rango de patrón con 19 anos e ampliando as rutas de caza de baleas máis ao sur, na busca de novas colonias de focas.
O 17 de novembro de 1820 descubre terras que non aparecían no mapa, terras que resultarían ser a Antártida, porén por esas mesmas datas tamén navegaban pola zona outros dous barcos, un da Armada Imperial Rusa comandada por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e outro da Royal Navy Británica ao mando de Edward Bransfield, polo que aos tres se lle recoñeceu o título de co-descubridores do continente.
Na honra do navegante na actualidade reciben o seu o nome a terra que el avistou, Península Palmer, o arquipélago Palmer, unha estación científica estadounidense situada no dito arquipélago (Estación Palmer) e un quebraxeos estadounidense (RV Nathaniel B. Palmer).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Un relato do avistamento da Antártida, por Nathaniel Palmer (en inglés)
|
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |