Nanobiosensor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Un nanobiosensor é un nanosensor capaz de detectar e/ou cuantificar compoñentes químicos ou biolóxicos en tecidos ou organismos vivos, especialmente células.

Actualmente existen nanobiosensores capaces de detectar e medir no interior de células vivas sen as danar, dando conta da presenza de moléculas concretas en puntos precisos da mesma. Aínda que se pode dicir que se atopan en plena fase de investigación e desenvolvemento, sendo obxecto de numerosos programas de i+d+i en todo o mundo.

Existen múltiples tipos segundo a técnica de medida, os materiais e procedementos empregados na súa fabricación etc.; como por exemplo os realizados mediante a silanización de fibras ópticas de puntas nanométricas, ou os realizados mediante nanocápsulas.

As súas aplicacións son tamén numerosas: a monitorización en tempo real da dinámica celular, a investigación de mecanismos de manifestación xénica etc.

En moitos casos, empregados con outro instrumental, poden ser usados como nanoferramentas para inducir procesos bioquímicos en puntos concretos de organismos vivos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]