Nakajima Kikka
Nakajima Kikka | |
---|---|
Kikka | |
Tipo | Bombardeiro de ataque |
Fabricante | Nakajima |
Primeiro voo | 7 de agosto de 1945 |
Retirado | 15 de agosto de 1945 |
Estado | prototipo |
Principais usuarios | Armada Imperial Xaponesa |
Unidades construídas | 10 |
O Nakajima Kikka (中島 橘花 azar) foi o primeiro reactor de combate xaponés. Foi un prototipo de caza bombardeiro de ataque desenvolvido a finais da segunda guerra mundial que só voou unha única vez.
Comezouse a deseñar en setembro de 1944 tras recibirse no Xapón informes do Me 262 alemán. O deseño seguiu as mesmas pautas, pero foi pensado como bombardeiro de ataque e tiña as ás pregables para poder agachalo en túneles e covas. Fixo o seu primeiro voo o 7 de agosto de 1945, un día despois do ataque a Hiroshima.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu primeiro prototipo comezou as probas en terra na fábrica de Nakajima o 30 de xuño de 1945. Durante o seguinte mes foi desmontado e enviado á base naval de Kisarazu, onde foi montado novamente e preparouse para as probas de voo. O seu primeiro voo tivo lugar o 7 de agosto de 1945, co capitán de corveta Susumu Takaoka aos mandos. O avión comportouse ben durante esta primeira proba de 20 minutos, e a única preocupación foi a distancia da súa carreira de engalaxe. Para o segundo voo, catro días despois, instaláronse unidades de foguetes para asistencia á engalaxe (RATO). Debido a que o seu aliñamento se calculou mal, o piloto erroneamente pensou que non se activaran e apagou os motores principais para abortar a engalaxe. Como resultado, o avión non engalou de todo e danouse ao saír da pista. Antes de que puidese ser reparado, Xapón rendeuse e a guerra rematou.
Nesas datas o segundo prototipo estaba case rematado, e entre 18 e 25 fuselaxes estaban en construción; un deles era un adestrador de dous asentos. Outras versións propostas para o modelo eran un avión de recoñecemento e un caza armado con dous canóns de 30 mm Type 5, con 50 proxectís cada un. Agardábase que estes fosen impulsados por versións máis avanzadas do motor Ne-20, coñecidas como Ne-20-Kai ou Ne-120, das cales se agardaba entre un 20 % e un 30 % máis de potencia que o Ne-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Nakajima Kikka |