Saltar ao contido

Nadadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nadadora
OrixeO Grove, Galicia
Período2003 - actualidade
Xénero(s)indie pop, pop
Selo(s) discográfico(s)Ernie Records
MembrosSara, voz e guitarra
Gonzalo, voz e guitarra
Montxo, teclados
Dani, batería
Edu, baixo
Na rede
http://www.nadadora.com/
MySpace: nadadoraband Musicbrainz: f38c7719-3dc8-4c9d-9847-09c9324ebd10 Songkick: 164189 Discogs: 1462165 Editar o valor en Wikidata

Nadadora é unha banda de música indie pop galega formada no Grove. Comezou a súa andaina no ano 2003, cando publicaron as súas primeiras maquetas, El cielo de antenas e Octubre. No ano 2004 editaron o seu primeiro EP, Aventuras dentro de cajas, seguido dun segundo no 2005, Todo el frio del mundo, ámbolos dous no selo discográfico Jabalina Música. En maio de 2007 publicaron Hablaremos del miedo, e un ano máis tarde, en maio do 2008, La química que nos une, un novo EP con remixes da banda. En maio de 2011 foi publicado o seu terceiro disco Luz, Oscuridad, luz coa discográfica Ernie records, e presentado no porgrama de radio Radio 3..[1]

A banda grovense participou en numerosos festivais coma o Festival do Norte na súa edición do 2011, ou o no Festival Plastidepop de Zaragoza e no Sonorama en Aranda do Doiro, tamén no 2011.[2]

  1. http://www.myspace.com/nadadoraband
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2011. Consultado o 04 de maio de 2011.