NSFW

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

NSFW é un acrónimo inglés para a expresión Not Safe/Suitable For Work (Non seguro/non axeitado para o traballo)[1], empregado para se referir na linguaxe de internet ás páxinas web, foros e blogs que conteñen URLs e hipervínculos a páxinas de contido para adultos. Xeralmente, as páxinas ou sitios NSFW albergan contigo pornográfico ou para adultos, contido violento, con son malsoante ou bocapodre.[2]

O acrónimo NSFQ xorde especialmente coma advertencia de certos sitios web potencialmente inaxeitados para navegar por eles en lugares públicos, froito da universalización e extensión de internet en bibliotecas, institutos, puntos de internet, ou mesmo o traballo.

Paralelamente, o termo SFW (safe for work), derivado do anterior, adoita empregarse para páxinas ou sitios web aptos para navegar en público, ou sen contido inaxeitado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario de Oxford (ed.). "NSFW: definición.". Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 
  2. NSFW (ed.). "Urban dictionary: definición.". Consultado o 2 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]