NOW + 4EVA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

NOW + 4EVA
Álbum de Architecture in Helsinki
Publicado28 de marzo de 2014
Duración36:36
Xénero(s)indie pop
Selo(s)Casual Workout
Producido porArchitecture in Helsinki, François Tétaz[1]
Cronoloxía
Moment Bends NOW + 4EVA -

NOW + 4EVA é o quinto álbum da banda australiana de indie pop Architecture in Helsinki, publicado en Australia o 28 de marzo de 2014 a través do propio selo do grupo, Casual Workout. O grupo iniciou unha xira pola costa leste de Australia para promocionar o disco. As reservas en liña do álbum coa tenda JB Hi-Fi incluían un fanzine asinado detallando as inspiracións da banda.

Editáronse dous sinxelos antes do álbum en 2013, "In the Future" e "Dream a Little Crazy". O terceiro sinxelo foi "I Might Survive", que foi lanzado o 21 de febreiro de 2014.[2] Realizouse un vídeo musical para "Dream a Little Crazy", que apareceu o 28 de xaneiro e amosa o que Noisey describiu como unha "panadería biolóxica".[3]

O líder Cameron Bird afirmou en marzo de 2014 que o álbum levaba rematado "case un ano".[4] NOW + 4EVA tamén inclúe unha versión do tema "When You Walk in the Room",[4] orixinalmente composto por Jackie DeShannon, pero máis famoso pola versión da banda británica The Searchers.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Architecture in Helsinki, agás "When You Walk in the Room", composta por Jackie DeShannon

N.º Título Duración
1. "In the Future"   3:00
2. "When You Walk in the Room"   2:55
3. "I Might Survive"   4:06
4. "Dream a Little Crazy"   3:04
5. "Boom (4EVA)"   3:21
6. "U Tell Me"   3:09
7. "Echo"   3:07
8. "Born to Convince You"   3:50
9. "2 Time"   3:44
10. "April"   3:29
11. "Before Tomorrow"   2:51

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Music (ed.). "Architecture In Helsinki Reveal New Album Release Details And Tour Dates". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2014. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  2. Stereogum (ed.). "Architecture In Helsinki – “I Might Survive”". Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  3. Noisey (ed.). "Lucy McRae And Architecture In Helsinki Create A Biological Bakery in “Dream A Little Crazy”". Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Moshtix (ed.). "Architecture In Helsinki Talk ‘NOW + 4EVA’ And Edible Band Members". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2016.