N-4
Aparencia
N-4 ou Proton 1 foi unha serie de observatorios espaciais soviéticos adicados ao estudo dos raios cósmicos de alta enerxía.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Lanzáronse 4 satélite N-4, todos eles mediante foguetes Proton, cun deles sen conseguir chegar a órbita. Tiñan unha masa de 12.200 kg, usaban paneis solares e eran inxectados en órbitas duns 180 km de perixeo e uns 600 km de apoxeo. A súa misión era investigar os raios cósmicos moi enerxéticos, para o cal usaban calorímetros de ionozación, co que podían observar raios cósmicos de ata 1013 eV. Tamén podían medir a intensidade e o espectro de raios gamma de ata 50 MeV. Aos N-4 seguiulle a serie N-6, que ao final só consistiu nun único satélite.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
N-4 1 | 16 de xullo de 1965 | Proton | Éxito |
N-4 2 | 2 de novembro de 1965 | Proton | Éxito |
N-4 3 | 24 de marzo de 1966 | Proton | Fallo |
N-4 4 | 6 de xullo de 1966 | Proton | Éxito |