Saltar ao contido

Número UN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os números UN ou números da ONU ou identificadores UN (UN IDs) son números de catro díxitos que identifican as substancias perigosas, e outras mercadorías (como explosivos, líquidos inflamables, substancias tóxicas, etc.) coa finalidade de que sexan utilizados para identificalas durante o seu transporte internacional.[1] Algunhas substancias perigosas teñen o seu propio número UN (por exemplo, o da acrilamida é UN2074), mentres que ás veces se lle dá un mesmo número a todo un grupo de substancias químicas ou produtos que teñen similares propiedades (por exemplo, os líquidos inflamables, se non se especifica outra cousa, levan o número UN1993). Un composto químicoen estado sólido pode recibir un número distinto que cando está en estado líquido se as súas propiedades en canto á perigosidade son significativamente diferentes. As substancias con diferentes niveis de pureza (ou concentración en solución) poden tamén recibir diferentes números UN.

Os números UN van desde o UN0001 a aproximadamente o UN3518 e son asignados polo Comité de Expertos da Organización das Nacións Unidas sobre o Transporte de Mercadorías Perigosas. Publícanse como parte das súas Recomendacións sobre o Transporte de Mercadorías Perigosas, tamén coñecido como o Libro Alaranxado. Estas recomendacións adóptanse pola organización reguladora responsable de cada modo de transporte.

Non se asigna ningún número UN para as substancias non perigosas.

Outros números relacionados usados en Norteamérica son os números NA (Norte América) para substancias e son idénticos aos númeos UN, agás en que algunhas substancias que non teñen número UN si teñen número NA. Estes números adicionais van desde o NA8000 ao NA9999.[2]

Identificadores de perigosidade

[editar | editar a fonte]

Asociado con cada número UN hai un identificador de perigosidade, que codifica a clase de perigo xeral que ten a substancia e a subdivisión (e, no caso dos explosivos, o seu grupo de compatibilidade). Se unha substancia presenta varios perigos distintos, entón poden especificarse identificadores de risco adicionais. Non é posible deducir a clase de perigo que ten unha substancia só a partir do seu número UN: debe buscarse nunha táboa.[3]

Identificadores de perigo da ONU
ClaseDivisiónDescrición
Clase 1Explosivos
División 1.1Explosivos con perigo de explosión masiva
División 1.2Explosivos con perigo de proxección
División 1.3Explosivos perigosos co lume predominanemente
División 1.4Explosivos con perigo de explosión non significativo
División 1.5Explosivos moi intensos cun perigo de explosión masiva
División 1.6Artigos extremadamente insensibles
Clase 2Gases
División 2.1Gases inflamables
División 2.2Gases non inflamables, non tóxicos (non velenosos)
División 2.3Gases tóxicos (velenosos)
Clase 3Líquidos inflamables (e combustibles líquidos [EUA])
Clase 4Sólidos inflamables; materiais espontaneamente combustibles; e perigosos por seren substacias reactivas coa auga/materiais húmidos
División 4.1Sólidos inflamables
División 4.2Materiais espontaneamente combustibles
División 4.3Substancias perigosas por seren reactivas coa auga/materiais húmidos
Clase 5Substancias oxidantes e peróxidos orgánicos
División 5.1Substancias oxidantes
División 5.2Peróxidos orgánicos
Clase 6Substancias tóxicas (velenosas) e substancias infecciosas
División 6.1Substancias tóxicas (velenosas)
División 6.2Substancias infecciosas
Clase 7Materiais radioactivos
Clase 8Substancias corrosivas
Clase 9Materiais perigosos misceláneos/Produtos, Substancias, ou Organismos
  1. ↑ "UN number definition". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015. Arquivado 27 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  2. ↑ UN and NA numbers
  3. ↑ "UN Hazard Identification Numbers, Classes and Packing groups" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]