Saltar ao contido

Muselina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Antonieta en traxe de muselina (retrato de 1793).

A muselina[1] é unha tea fina de algodón orixinaria de Mosul (Iraq). Este termo utilízase tamén en cociña, por extensión, referíndose a unha salsa de patacas, chocolate ou outros ingredientes, convertidos nun puré moi fino e suave.

Procedente da India, apareceu en Europa no século XIII, primeiro en seda e máis tarde en algodón. A pesar das prohibicións de importación e ás facilidades dadas á industria para a súa fabricación, será necesario esperar ao século XIX para que a confección da muselina se desenvolva en Europa.

Os vestidos da muselina, postos de moda, crearon unha nova industria. A muselina é un tecido fino, transparente e vaporoso. Técese con fíos finos e retortos, non moi tupidos, empregando algodón, seda, la viscosa ou fíos sintéticos. Utilízase xeralmente para o vestiario teatral e para a decoración das xanelas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para muselina.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.