Mundo Cão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mundo Cão
OrixeBraga, Portugal
Período2001 - ...
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)Som Livre, Editora Cobra
MembrosPedro Laginha
Miguel Pedro
Vasco Vaz
Duarte Nuno
Gonçalo Budda

Mundo Cão é un grupo musical de rock portugués, formado en Braga no 2001, con voz do actor Pedro Laginha e letras de Adolfo Luxúria Canibal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Todo comezou coa idea de Miguel Pedro de chamar a Pedro Laginha para vocalizar algúns temas que tiña compostos. Pedro aceptou e, en poucos meses, viron que poderían facer algo máis que un dúo e convidaron a Vasco Vaz, Budda e Canoche e, despois dalgúns ensaios, chegou Mundo Cão.

Coa axuda de Adolfo Luxúria Canibal (autor do nome da banda e das letras), gravan o primeiro disco co selo Som Livre no 2007 e, nese ano, fan numerosos concertos e participan en festivais como o Super Bock Super Rock, Paredes de Coura, Live Earth e outros. Vencen nos Globos de Ouro 2007 como mellor grupo revelación.

O segundo disco, A Geração da Matilha, conta con Adolfo Luxúria Canibal e Valter Hugo Mãe como autores das letras.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Mundo Cão (2007)
  • A Geração da Matilha (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CDGO. "A Geração Da Matilha - Mundo Cão". CDGO (en portugués). Consultado o 2022-04-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]