Moss Icon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moss Icon
Mossicon.jpg
OrixeAnnapolis, Maryland, Flag of the United States.svg
Período1986 - 1991
2001
2007 - actualidade
Xénero(s)post-hardcore, hardcore punk, emo
Selo(s) discográfico(s)Vermiform Records, Vermin Scum, Ebullition Records, Temporary Residence Limited
MembrosJonathan Vance
Tonie Joy
Alex Badertscher
Zak Fusciello
Antigos membrosMonica DiGialleonardo
Mark Laurence

Moss Icon é unha banda estadounidense de post-hardcore formada a finais de 1986 en Annapolis, Maryland. Os seus membros orixinais son o vocalista Jonathan Vance, o guitarrista Tonie Joy, a baixista Monica DiGialleonardo e o batería Mark Laurence. Alex Badertscher uniríase como segundo guitarrista en 1990. Moss Icon é coñecida como unha das primeiras influencias do subxénero do hardcore punk coñecido como post-hardcore, ademais do desenvolvemento eventual do emo, aínda que os propios membros do grupo negaron ter contribuído ao último xénero de ningún xeito.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo Notas
Demo Tape 1987 autoeditado casete demo
Hate in Me 1988 Vermin Scum/Dancing Song 7"
Mahpiua Luta 1989 Vermin Scum 7"
Memorial 1991 Vermin Scum 7"
Moss Icon/Silver Bearing 1991 Vermin Scum disco compartido con Silver Bearing
Lyburnum Wits End Liberation Fly 1994 Vermiform Records
It Disappears 1994 Ebullition Records/ Vermin Scum

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Moss Appeal: Tonie Joy's first band follows him around – and molded his personal investment in music making". Baltimore City Paper. 12 de maio de 2010. Consultado o 10 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]