Montserrat Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Montserrat Casas
(Monserrat Casas) UIB medalla d'or 2009.jpg
Nome completoMontserrat Casas i Ametller
Nacemento6 de setembro de 1955
Lugar de nacementoHostalric
Falecemento30 de marzo de 2013
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Autónoma de Barcelona
OcupaciónProfesora, rectora
PremiosVives University Network Medal of Honor e Honorary Medal of the Parliament of the Balearic Islands
editar datos en Wikidata ]

Montserrat Casas Ametller, nada en Hostalric (Xirona) o 6 de setembro de 1955 e finada en Barcelona o 30 de marzo de 2013,[1] foi unha física e científica española nomeada en 2007 reitora da Universidade das Illas Baleares converténdose nunha das 10 únicas reitoras da universidade española da época.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada (1971) e doutora (1981) en ciencias físicas pola Universitat Autónoma de Barcelona, desde 1984 foi catedrática da UIB. Era catedrática de Física Atómica, Molecular e Nuclear desde 1994 e, como científica, a súa liña de traballo centrouse no estudo de sistemas cuánticos e a contaminación radioactiva ambiental.

Foi elixida reitora tras gañar as eleccións o 28 de marzo de 2007[4] e obter na segunda volta das eleccións o 59,45% dos votos fronte ao 40,55% que conseguiu o seu opoñente Sergio Alonso, catedrático de meteorología. Sucedeu no cargo a Avelíno Blasco.

Morreu en Barcelona o 30 de marzo de 2013 de cancro.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Fallece Montserrat Casas, rectora de la UIB". Diario de Mallorca. 31 de marzo de 2013. Consultado o 1 de abril de 2013. 
  2. "Homenaje a las 10 únicas rectoras de la universidad pública española". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 19 de maio de 2016. 
  3. "Montserrat Casas Ametller, física". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-09-06. Consultado o 2020-04-25. 
  4. "Universia.es, 29-03-2007". Arquivado dende o orixinal o 06-10-2010. Consultado o 30 de marzo de 2013.