Montilivi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°57′35″N 2°49′36″L / 41.95964722, 2.82653056

O Estadi Municipal de Montilivi, sede do Girona FC, está situado no barrio.

Montilivi é un barrio e entidade de poboación da cidade de Xirona, en Cataluña. Está situado arredor dun outeiro do mesmo nome, duns 169 metros de altitude, ao sueste da cidade, entre a Creu de Palau e a Creueta. Esta entidade de poboación acolle o campus da Universidade de Xirona, o Instituto Montilivi e as instalacións do Girona Futbol Club, entre elas o estadio do mesmo nome.

Trátase dun barrio de clase alta e media xerundense que se trasladou do centro da cidade ás novas zonas periféricas edificadas do municipio. Basicamente, respecto á arquitectura, está formado por edificios de planta baixa e tres ou catro plantas, e casas xuntas ou separadas con xardín. Dispón de amplos espazos e zonas verdes que son utilizados tanto polos seus habitantes como polos membros da comunidade universitaria. Os días laborables recibe unha grande afluencia de persoas, fundamentalmente estudantes da Universidade de Xirona, xa que en Montilivi están as sedes das Facultades de Ciencias, Dereito, Ciencias Económicas e Empresariais e a Escola Politécnica Superior. Tamén hai unha gran biblioteca que serve a toda a comunidade universitaria e varios edificios de administración e servizos da Universidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]