Monelina
Aparencia
A monelina é un edulcorante de tipo proteínico extraído do froito do Doscoreophylium camensi (baga de Nixeria), que é unha planta rubideira que se atopa en zonas forestais de África e Madagascar.
O seu poder edulcorante é de 2.000, aproximadamente. O seu sabor doce prolóngase na boca até case media hora despois do seu consumo.
Temperaturas elevadas (>70 °C) e pH extremos ocasionan unha descomposición da mesma e perda do seu poder edulcorante. Co frío tamén perde actividade.