Moisés González Ameijeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMoisés González Ameijeiras
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata
Porto de Gómez, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1998 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Alcalde de Cuntis
1974 – 1983
← Domingo Carpintero Domínguez Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio Moisés González Ameijeiras, nado en 1935 e finado en Porto de Gómez (Cuntis) o 23 de xullo de 1998, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de EXB en Cuntis, concelleiro local do Movimiento e xuíz de paz. Foi nomeado alcalde de Cuntis polo Ministro da Gobernación a finais de xaneiro de 1974.[1] Nas primeiras eleccións democráticas foi cabeza de lista da UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Permaneceu como alcalde ata as eleccións municipais de 1983, ás cales non concorreu como candidato á reelección. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular mais non logrou recuperala alcaldía dado que o PSdeG logrou a maioría absoluta. Posteriormente foi director do Grupo Escolar de Cuntis.


Predecesor:
Domingo Carpintero Domínguez
 
Alcalde de Cuntis
 
1974 - 1983
Sucesor:
Eduardo Rey Rodríguez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 30-1-1974, p. 10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]