Modulación de amplitude en cuadratura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A modulación de amplitude en cuadratura é un esquema de modulación tanto dixital como analóxica, onde se envía sinais con información cambiando, isto é modulando, a amplitude de dúas ondas portadoras, úsase a modulación por desprazamento da amplitude no esquema de modulación dixital e a amplitude modulada no analóxico. Estas dúas ondas, xeralmente sinusoides, están desfasadas 90º unha respecto á outra, ou o que é o mesmo está en cuadratura. Estas ondas acaban xuntándose e como resultado a nova onda é unha combinación de modulación por desprazamento de fase e modulación por desprazamento de amplitude no caso dixital e de modulación de fase e amplitude modulada no caso analóxico.

Usos[editar | editar a fonte]

Entre outros usos utilízase para módems telefónicos de velocidades superiores a 2400bps, transmisión de sinais de televisión, microondas ou satélite, modulación TCM (Trellis Coded Modulation), que consegue velocidades de transmisión moi elevadas combinando a modulación coa codificación de canal e módems ADSL que traballan no bucle do subscritor, a frecuencias situadas entre 24KHze 1104KHz, onde se poden obter velocidades de datos de ata 9Mbps.