Modelo:GetLabelFix/uso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Descrición[editar a fonte]

Función para recuperar os labels de propiedades e ítems WD na lingua determinada polo parámetro |lang= para polas nas etiquetas das fichas.
A saída ten en conta a posible existencia dunha excepción ao texto do label atopado en WD por outro máis axustado ao que se quere mostrar como etiqueta dunha ficha. Por exemplo, usar un texto máis curto, siglas ou algún sinónimo que exprese mellor o contido presentado.

Dentro da lista de excepcións inclúense tamén todos aqueles textos que, sen ter unha propiedade ou ítem WD de referencia, aparecen na ficha e son susceptibles de ser traducidos. Por exemplo, os headers, as etiquetas de parámetros manuais sen WD, ou aqueles textos que forman parte da edición de resultados dunha procura recuperáronse e tratáronse (ex.: conversión do "No value" noutro significado)

Nos dous casos -etiquetas e textos- pódese recuperar indicando o código de propiedade (Pnnnn), o código dun ítem a definición do cal se axuste ao texto que nos fai falta (Qnnnnn) ou ben un texto especial que xestionaremos na lista de excepcións (Tnnn).

Xestión das excepcións[editar a fonte]

A lista de excepcións defínese na Módulo:Wikidades/labels dentro do apartado infoboxLabelsFromId.

Cando algún dos textos de tipos Pnnnn ou Qnnnnn que nos devolve non se axustan ao que esperabamos, por exemplo, se o texto que se mostra na lingua que estamos a tratar é demasiado longo ou a redacción non é a máis axeitada para a etiqueta da ficha, poderíase solucionar:

  • modificando o label da propiedade/ítem directamente en WD. Isto non sempre é posible porque poderiamos estar a alterar o seu sentido e afectariamos a todos os usuarios deste contido.
  • se non queremos ou non podemos cambiar o nome da propiedade/ítem en WD, pódese crear unha excepción por ese caso dentro de Módulo:Wikidades/labels e aplicarase en substitución do texto que nos fornecería WD, sen necesidade de modificar o código da ficha.

Sintaxe[editar a fonte]

{{GetLabelFix|<código>|lang=<lingua>|linked=yes/non|case=smallcaps/plural,...|itemgender=<itemgender>}}
Parámetros
  • o primeiro é posicional: Obrigatorio. Código para obter o texto a partir do label WD na lingua correspondente. Pode ser:
    • Pnnn, para recuperar o label dunha propiedade
    • Qnnnnnn, para recuperar o label dun ítem WD
    • Txxx, para recuperar un texto definido dentro da lista de excepcións que non provén de WD
  • lang: opcional. Código de lingua en que se quere recuperar o label definido en código. Se non se informa usa a lingua local.
  • linked: opcional. "yes" indica que o valor devolto será unha ligazón ao artigo da wiki local ou, ó ítem WD, caso de non existir artigo. Se non se informa, devolve texto sen enlazar.
  • case: opcional. As mesmas funcións que se aplican a claim desde módulo:Wikidades
  • itemgender: opcional. As mesmas funcións que se aplican a claim desde módulo:Wikidades

Exemples[editar a fonte]

casos baseados en Mestre (Q37226)

  • ningún parámetro: Mestre
  • case=smallcaps: Mestre
  • case=plural: Mestres
  • itemgender=Qid de muller: Mestra
  • case=plural + itemgender=Qid de muller: Mestras
  • link=yes: Mestre

Mantemento[editar a fonte]

Diferentes situacións:

  • Engadir un novo parámetro (label + data) á ficha:
    • Se se recupera un valor WD, simplemente hai que engadir un chamamento cara a este modelo poñendo como parámetro o código de propiedade/ítem do que queremos recuperar o label.
    • Se se trata dun texto de tipo Tnnn, é dicir que non se recuperan de WD, hai que facer unha nova entrada a Módulo:Wikidades/labels co seguinte código "Tnnn" dispoñible e por o texto que queiramos obter polo label. Á ficha engadirase unha chamada a este modelo poñendo como primeiro parámetro o novo código de "label" creado.
  • Crear unha excepción para cambiar o texto resultante dunha chamada con código tipo Pnnn ou Qnnnnn:
    • Engadir unha entrada dentro de Módulo:Wikidades/labels co mesmo código que queremos substituír para que se colla o seu valor antes que o de WD.