Modelo:Au-terceiros-Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non OK Licenzas a través de terceiras persoas para uso na Galipedia[editar a fonte]

Ola Au-terceiros-Galipedia.

Tentarei explicarche un pouco o complicado tema dos dereitos de autor das imaxes neste proxecto.

A lexislación correspondente atribúe os dereitos de autoría sempre ao autor. Non cabe, polo tanto, cesión a través de terceiras persoas.

Por outra banda, tódolos contidos da Galipedia, inclusive as imaxes, licéncianse para uso de calquera, mesmo para facer obras derivadas ou usos comerciais. Por iso non se poden aceptar licenzas do tipo «para uso na Galipedia» ou «para uso na Wikipedia».

A solución pode ser unha das seguintes:

  1. Que o autor suba directamente a imaxe a calquera páxina web onde se faga expresa mención de que a publica baixo unha licenza compatible con este proxecto, por exemplo CC-BY-SA. Dende aí calquera pode subila á Galipedia ou á Wikimedia Commons, sempre indicando a orixe (tódolos ficheiros contidos en Wikimedia Commons poden empregarse directamente na Galipedia ou en calquera dos proxectos da Fundación Wikimedia).
  2. Que o autor suba directamente a imaxe á Galipediacargar ou á Wikimedia Commonscargar indicando que a publica baixo unha licenza compatible con este proxecto, por exemplo CC-BY-SA.
  3. Se a imaxe xa está cargada en Wikimedia Commons, que o autor envíe un correo electrónico de autorización ao sistema OTRS que identifique a obra e autorice o seu uso baixo unha licenza compatible con este proxecto, por exemplo CC-BY-SA, seguindo o procedemento indicado en Commons:OTRS (na Galipedia non dispoñemos de sistema OTRS a diferenza de na Wikimedia Commons).

Tes máis información de todo isto en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

Graciñas. Un saúdo e a seguir.

Indicacións de uso do modelo
Uso
{{subst:Au-terceiros-Galipedia}}
{{subst:Au-terceiros-Galipedia|artigo}} refírese a un artigo en concreto
{{subst:Au-terceiros-Galipedia|artigo|Texto adicional}} engade texto ao final da mensaxe no canto de "Grazas"
Este recadro non aparecerá no artigo.
Esta documentación está transcluída desde Modelo:Au-terceiros-Galipedia/uso. Os editores poden probar cambios no mesmo en Modelo:Au-terceiros-Galipedia/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.