Miradoiro de Santa Luzia
O miradoiro de Santa Luzia é un miradoiro da cidade de Lisboa. Ten unha ampla vista sobre o barrio de Alfama e o río Texo. Os puntos característicos, ollando de esquerda a dereita, son a cúpula do Panteón Nacional de Lisboa, a igrexa de Santo Estêvão e as dúas torres brancas da igrexa de São Miguel.
Descrición
[editar | editar a fonte]A muralla sur de Santa Luzia ten dous modernos paneis de azulexos, un da Praça do Comércio de antes do terremoto de 1755 e outro cos cristiáns atacando o castelo de San Xurxo, de António Quaresma e feitos na fábrica da Viúva Lamego.
A carón do miradoiro tamén se atopa a igrexa de Santa Luzia e São Brás, cabeceira da antiga comenda de S. Brás de Lisboa e actual sede nacional da Asemblea dos Cabaleiros Portugueses da Orde Soberana e Militar de Malta.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pinho, António Brandão de (2017). Chiado Editora, ed. A Cruz da Ordem de Malta nos Brasões Autárquicos Portugueses. Lisboa. p. 426. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miradoiro de Santa Luzia |