Miradoiro Sophia de Mello Breyner Andresen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vistas do miradoiro.

O miradoiro Sophia de Mello Breyner Andresen,[1] antigo miradoiro da Graça encóntrase na freguesía de São Vicente (Graça), no antigo adro da igrexa do convento da Graça de Lisboa.

Descrición[editar | editar a fonte]

Na praza da Graça, xunto á igrexa, existe unha explanada no miradoiro da Graça onde se pode gozar dunha das máis belas vistas da cidade. Esta vista só é suplantada pola do miradoiro da Senhora do Monte que fica a un escaso centenar de metros. O panorama de tellados e predios é menos espectacular que o da vista do castelo de San Xurxo, mais é un local popular. O barrio popular da Graça desenvolveuse no fin do século XIX. Por detrás do miradoiro fica o referido mosteiro agostiniano, fundado en 1271 e reconstruído despois do terremoto de Lisboa de 1755.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]