Miraculina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A miraculina é un edulcorante de tipo proteínico. É unha glicoproteína extraida do froito Syncepalurn dulcificum (denominado ás veces «froito milagre»). O sabor da baga é escaso, pero despois de que o froito se teña algún tempo na boca os sabores máis ácidos percíbense como fortemente doces.