Minuto (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Un minuto é:
- unha unidade de tempo igual a 1/60 dunha hora e a 60 segundos. (Moi raramente, algúns minutos poden ter 59 ou 61 segundos; vexa segundo de salto.)
- unha unidade de medida de tempo igual a 1/1600 dun día e a 54 segundos. Coñecido como o minuto natural para diferencialo do minuto convencional. Equivale a 10^45 veces un planck.
- unha unidade de medida de ángulo, 1/60 dun grao. Tamén se coñece como un minuto de ángulo ou minuto de arco, e divídese en 60 segundos de arco.
- unha unidade de ángulo e tempo, 1/60 dunha hora de ascensión recta. Coñécese como minuto de ascensión recta.
O símbolo para un minuto de tempo (ou de ascensión recta) é min.
O símbolo para un minuto de arco é o carácter (′). Así, 15 minutos pódense pór 15′.
Un minuto de arco da Terra no ecuador é aproximadamente unha milla náutica.
Probablemente, a división da hora en 60 minutos sexa debido á influencia dos babilonios, que usaban un sistema numérico de base-60 .