Miniature Card
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Miniature Card (Tarxeta Miniatura en galego) ou Mini Card (Tarxeta Mini en galego) é un estándar de tarxeta de memoria flash ou SRAM (RAM síncrona), promovido por Intel no ano 1995 e apoiado por Fujitsu, Advanced Micro Devices e Sharp Electronics. Hoxe en día, ningunha das compañías mencionadas anteriormente a fabrican.
Usos
[editar | editar a fonte]A Miniature Card Card Implementers Forum (MCIF) promoveu este tipo de tarxeta para certos dispositivos concretos, tales como: PDA's, ordenadores de bolso, gravadoras de son dixitais, cámaras dixitais e nos primeiros teléfonos intelixentes. Úsase en dispositivos tales como Philips Velo 500 e CISCO 800 e 1700.
Dimensións
[editar | editar a fonte]A Miniature Card, como o seu nome indica, ten unhas dimensións reducidas 37 × 45 × 3,5 mm de espesor, e pode ter dispositivos en ámbolos dous lados do seu substrato.
Características
[editar | editar a fonte]- Ten un conector de 60 pins que era un subconxunto de unicamente memoria de PCMCIA.
- Contaba con datos de 16 bits.
- Un bus de direccións de 24 bits.
- Traballaba a unha voltaxe de 3,3 o 5 voltios.
- As tarxetas miniatura apoian Attribute Information Structure (AIS) (Atributo Estrutura da Información) na EEPROM identificación I²C.
O formato Miniature Card foi competidor das tarxetas SmartMedia e CompactFlash. Tamén se crean durante a década de 1990, e o anterior un tipo máis grande ca as tarxetas de PC. Esta batalla entre ambas as tarxetas foi vencida por CompactFlash e SmartMedia, que tiveron moito máis éxito no mercado da electrónica de consumo, provocando así un déficit nas Mini Card's, o cal terminou coa finalización da súa fabricación.