Milladoiro SD
Milladoiro SD | |
---|---|
Nome | Milladoiro Sociedade Deportiva |
Fundación | 10 de maio de 2001 |
Estadio | Campo municipal do Milladoiro |
Na rede | |
https://milladoirosd.com/ | |
O Milladoiro Sociedade Deportiva é un club de fútbol da vila do Milladoiro (Ames), fundado en 2001. En 2024 contaba con dezaseis equipos de oito categorías diferentes.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo fundouse na primavera de 2001 da man de Carlos Rivas, Jose Manuel Guldís "Josecho", e a comisión de festas da vila. A primeira directiva, ata 2005, formárona Alejandro Marcuño, Juan Calvo Raña e Antonio Lamas Quintela. Tras unha campaña de promoción formáronse equipos dende a categoría benxamín até o equipo sénior, que iniciou a súa andaina na Terceira Galicia.
Inicialmente, o Polideportivo do Milladoiro acolleu os encontros de fútbol sala, e os equipos de fútbol xogaban no campo das Penedas, en Ventín, mentres que os partidos de fútbol 7 se xogaban en campos designados pola delegación compostelá da Federación Galega de Fútbol. Dende 2011 as categorías de fútbol xogan no campo municipal do Milladoiro.
O escudo do club está inspirado nun azulexo da capela da Magdalena, cunha cuncha de vieira e a cruz de Santiago sobre fondo branco, detallado en azul mariño e vermello.