Milla romana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A milla romana, orixinalmente en latín milliare, milliarium ou millia passum, era unha medida de lonxitude da Roma antiga equivalente a mil pasos, á vez un passus equivalía a cinco pés romanos, polo tanto equivalente a mil cinco mil pés; uns 1479,5 metros. Era equivalente a oito estadios gregos (un estadio medía uns 185 metros). O nome máis común era mille passuum ou as iniciais MP, pero ás veces omitíase "passuum ".[1]

Conversión a sistema métrico[editar | editar a fonte]

Miliarios de Lobios.

Esta estrutura de medidas baseábase nunha visión idealizada das proporcións entre as distintas partes do corpo humano, cada sociedade xestionaba unha estrutura e un valor diferente para cada unha destas medidas, mantendo o mesmo nome. Deste xeito o pé tiña diferentes medidas segundo foses romano, grego, ibérico, babilónico, inglés, etc.

Á vez para os romanos, un paso equivalía a dous actuais, xa que consideraban a zancada como un ciclo completo: a distancia percorrida por un dos pés despois de apoiarse no pé oposto.

Unidade en latín Pés Equivalencia
Pé romano pes, pl. pedis 1 29,62 cm
Paso simple gradus 2,5 74,05 cm
Paso dobre passus 5 1,481 m
Estadio stadium 625 185,125 m
Milla romana mille passus 5.000 1.481 m
Legua leuga 7.500 2.221,5 m

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Dictionary of Greek and Roman Antiquities: MILLIA´RE". perseus.tufts.edu. Consultado o 2023.