Mikoyan-Gurevich MiG-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mikoyan-Gurevich MiG-1
MiG-1.jpg
MiG-1
Tipocaza
FabricanteMikoyan-Gurevich
Primeiro voo5 de abril de 1940
Unidades construídas100 + 3 prototipos
VariantesMiG-3

O Mikoyan-Gurevich MiG-1 foi un caza soviético usado na Segunda Guerra Mundial. Foi deseñado para o mesmo requirimento que levou ao LaGG-3 e ao Yak-1 e voou por primeira vez en abril de 1940. Non foi un bo caza, xa que era difícil de pilotar, e só se entregarían 100 avións de serie dos que só quedaban uns poucos durante a invasión alemá no verán de 1941, pero serviu de base para o mellorado MiG-3, que resultou ser un bo interceptador a gran altitude.