Saltar ao contido

Miguel Emilio Rodríguez Macías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Emilio Rodríguez Macías
Biografía
Nacemento21 de abril de 2003 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Santiago de Querétaro, México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata


Miguel Emilio Rodríguez Macías, nado en Santiago de Querétaro (México) o 21 de abril de 2003, máis coñecido como Emi Rodríguez, é un futbolista mexicano. Xoga de extremo dereito e o seu equipo actual é o Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Club de Fútbol Pachuca

[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2023 debutou como titular na derrota do Club de Fútbol Pachuca fronte aos Tigres da UANL do Campión de Campións da liga MX na que os Tuzos perderon 2-1. A partir do Apertura 2023, pasou a xogar de lateral esquerdo co Pachuca, ata que no Clausura 2024, ao esta non ser a súa posición natural, foi cambiado ao extremo dereito, no cal se afianzou coa titularidade cos tuzos. Chegou incluso a marcar un gol na final de Copa de Campións da CONCACAF, onde o Pachuca venceu 3-0 ao conxunto do Columbus Crew e así, Emi logrou o seu primeiro título como profesional. Foi, ademais, escollido como xogador revelación do torneo.

Real Club Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]

En xuño do 2024 anunciouse que Emi Rodríguez ía fichar polo Real Club Celta de Vigo en calidade de cedido con opción de compra.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Copa de Campións da Concacaf C. F. Pachuca México 2024