Saltar ao contido

Miami (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Miami
Álbum de The Gun Club
Publicado20 de setembro de 1982
Gravaciónjuño de 1982
Estudio(s)Blank Tape Studios, Nova York
Duración39:33
Xénero(s)punk blues, post-punk, roots rock
Selo(s)Animal Records
Producido porChris Stein
Cronoloxía
Fire of Love
(1981)
Miami Death Party
(1983)

Miami é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de punk blues The Gun Club, publicado o 20 de setembro de 1982 a través do selo Animal Records, propiedade do guitarrista de Blondie Chris Stein.[1][2] O disco tamén foi producido por Stein.

Debbie Harry aparece como corista en varios temas do álbum baixo o pseudónimo "D.H. Laurence Jr." A fotografía da portada non inclúe a Rob Ritter, que xa deixara a banda. Antes de marchar Ritter ensinou todas as liñas de baixo á ex-Bags Patricia Morrison.[3]

O tema "Mother of Earth" foi versionado pola banda de country alternativo The Sadies no seu álbum de 2001 Tremendous Efforts.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Jeffrey Lee Pierce, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Carry Home"    3:14
2. "Like Calling Up Thunder"    2:29
3. "Brother and Sister"    2:57
4. "Run Through the Jungle"  John Fogerty 4:07
5. "A Devil in the Woods"    3:05
6. "Texas Serenade"    4:40
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Watermelon Man"  Ward Dotson, Jeffrey Lee Pierce 4:11
2. "Bad Indian"    2:37
3. "John Hardy"  tradicional; arranxada por Jeffrey Lee Pierce 3:21
4. "Fire of Love"  Jody Reynolds, Stordivant Sonya 2:14
5. "Sleeping in Blood City"    3:29
6. "Mother of Earth"    3:21
39:33
  1. "TrouserPress.com :: Gun Club". www.trouserpress.com. Consultado o 2019-04-12. 
  2. "Animal Records". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-04-12. 
  3. "The Gun Club story in detail". www.furious.com. Consultado o 2019-04-12.