Mexicali
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Baixa California | ||||
Concello | Mexicali | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.034.224 (2019) (9.072,14 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 114 km² | ||||
Altitude | 8 m | ||||
Creación | 14 de marzo de 1901 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21000–21399 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | mexicali.gob.mx | ||||
Mexicali é a capital do estado mexicano de Baixa California e a capital do concello de Mexicali. A súa poboación, en 2010, era de 759.537 habitantes. Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de Calexico.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, facendo límite co condado de Imperial de California polo norte.
Economía
[editar | editar a fonte]Por outra banda, Mexicali posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial nos campos do automóbil e da electrónica.
Outro sector en pulo é o da construción, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes anuais doutras partes do país, de Centroamérica, Suramérica e Asia.
A industria agropecuaria e turística son tamén dos principais sectores que xeran recursos na rexión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mexicali |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)