Metro de Sofía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro de Sofía
Софийски метрополитен
Información
DonoStólichna obshtiná (Concello de Sofía)
TipoMetro
Liñas
Estacións43
Pasaxeiros (día)~410 000 ao día (2020)[1]
Sitio webmetropolitan.bg
Operacións
Inauguración28 de xaneiro de 1998
Operador(es)Metropolitan Sofia
Ancho de vía1435 mm
Vel. media39 km/h
Vel. máxima90 km/h
Mapa da rede

O Metro de Sofía (en búlgaro: Софийското метро) é o primeiro e único sistema Metro en Bulgaria, situado na cidade de Sofía. Comezou a operar o 28 de xaneiro de 1998 e conta con 43 estacións e catro liñas cunha lonxitude aproximada de 48 km (agosto de 2020). A primeira liña vai dende o barrio de Obelya até o bulevar Tsarigrasko Shose e ten unha lonxitude de 24,96 km e 20 estacións. A segunda liña con 11 km e 11 estacións comezou a operar o 31 de agosto de 2012 dende o barrio de Lozenets até Lomsko Shose. As dúas liñas atópanse na estación central de Serdika.

As primeiras 8 estacións da liña 3 inauguráronse o 26 de agosto de 2020. Outras 4 estacións foron inauguradas a primeiros do ano 2021. Con todas as ampliacións e segundo o planificado, o metro de Sofía terá 65 km.

Historia[editar | editar a fonte]

A construción do metro comezan no "metrodiámetro" máis cargado, onde se forman as correntes de viaxeiros máis importantes da cidade, cuns valores máximos en hora punta de 40,000 pasaxeiros. Coa construción do Palacio Nacional de Cultura en 1982 créanse as bases de dúas estacións e os túneles entre elas no segundo diámetro.

O 28 de xaneiro de 1998 comézase a explorar o primeiro tramo do primeiro diámetro do metro con 5 estacións e unha lonxitude de 6,5 km, dende a Avenida Slivnitsa atravesando o barrio de Lyulin ata a Avenida de K.Velichkov.

O 17 de setembro de 1999 comeza a explotación da estación de Opalchenska. O 31 de outubro do 2000 comeza a explotación da estación Serdika na praza de Sveta Nadelya (Santo Domingo), sendo a lonxitude total do traxecto do primeiro metroradio 8,1 km contando con 7 estacións.

En abril de 2003 os tramos xa existentes únense ao barrio de Obelia cun novo de 1,8 km.

En 2004 comeza a preparación e en 2005 a construción da continuación do metrodiámetro a través do centro da cidade dende a praza de Sveta Nedelya até Joliot-Curie no barrio Iztok, cun tramo novo de 4,8 km e 3 estacións.

Liñas de Metro[editar | editar a fonte]

Liña Icona Inauguración Lonxitude
(km [mi])
Estacións Lonxitude en
construción
(km [mi])
Estacións
en
construción
Lonxitude
planificada
(km [mi])
Estacións
planificadas
M1 1998 14,8 (9,2) 16 0 (0,0) 0 17,7 (11,0) 19
M2 2012 11,4 (7,1) 13 0 (0,0) 0 18 (11,2) 18
M3 2020 11,8 (7,3) 12 3,0 (1,9) 3 17,8 (11,1) 18
M4 2015 26,1 (16,2) 20 0 (0,0) 0 26,1 (16,2) 20
Total: 52 (32,3) 47 3,0 (1,9) 3 79,6 (49,5) 75

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]