Mesa de instrumental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesa de instrumental nun quirófano. Ano 2007.

A mesa de instrumental é un dos elementos mobiliarios que se encontra dentro da sala de operacións ou quirófano. Xeralmente é de aceiro inoxidábel, de superficie lisa, e posúa catro patas, cada unha delas rematada en pequenas rodiñas para poder desprazala facilmente.[1]

A elección do tipo de mesa e a posición que esta teña dentro da sala depende do tipo de intervención a realizar.

Na maioría das intervencións sitúase á dereita da mesa de operacións, xa que dese mesmo lado estará o cirurxián e, por conseguinte, o instrumentista.

A situación da mesa con respecto ao instrumentista é moi importante, xa que non debe impedirlle a este unha visión do campo operatorio, porque non podería seguir o desenvolvemento da intervención, prever os tempos e, por ende, non anticiparse aos requirimentos do equipo, o que ralentizaría a operación.

Despois de que o instrumentista verifica que a sala está amoblada adecuadamente e que todo funciona, ponse o cubrebocas e o gorro, realiza o lavado cirúrxico e volve cara ao quirófano para vestirse.[2]

Despois de vestir a mesa de instrumental, o instrumentista procede a ir colocando sobre ela os distintos instrumentos cirúrxicos de acordo cos tempos que se irán manexando durante a intervención.

Durante a intervención o instrumentista debe ser moi coidadoso co manexo do soro ou calquera outro líquido sobre a mesa, porque se se molla, pérdese a esterilidade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]