Melech Mechaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melech Mechaya
OrixeLisboa/Almada, Portugal
Período2007 - actualidade
Xénero(s)World music, Étnica
MembrosJoão Graça
Miguel Veríssimo
André Santos
João Sovina
Francisco Caiado

Melech Mechaya é un quinteto portugués de música klezmer, con inspiracións nas músicas romaní, árabe e dos Balcáns.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estrea[editar | editar a fonte]

Con estrea en escenarios na noite de 10 de marzo 2007, os Melech Mechaya son unha banda portuguesa de música klezmer, sendo xeralmente referenciados como sendo a primeira banda deste xénero en Portugal. Notabilizándose polos seus concertos festivos e interactivos, a banda toca de Norte a Sur do país pronto o ano de estrea, actuando en eventos como a Festa do Avante! [1] no Seixal e no Festival de Músicas do Mundo Etnias [2] no Porto, e asina contrato de axenciamento e management coa Smog [3].

Primeiro álbum[editar | editar a fonte]

En 2008 os Melech Mechaya van para estudio gravar o seu primeiro rexistro fonográfico, o EP homónimo lanzado día 5 de xuño [4] no Cabaret Maxime en Lisboa, e a súa digressão de máis de 30 concertos pasa polo Festival de Músicas do Mundo "Ritmus" [5] en Ponta Delgada e por 3 festivais en España - Allariz, Santiago de Compostela e no Festival de Músicas do Mundo de Vilagarcia de Arousa [6].

Budja Ba[editar | editar a fonte]

En 2009 volven a estudio para gravar o seu primeiro longa-duración, "Budja Ba", e asinan contrato de edición discográfica coa Ovação. O disco é lanzado día 13 de xuño [7] no Teatro A Comuna e a banda recibe algunha atención mediática, con diversos artigos e en entrevistas en radios, prensa e televisión. A digresion leva as festas mechaya a importantes escenarios como o Festival de Músicas do Mundo de Sines [8], e o festival Špancirfest na Croacia [9].

As festas de Melech Mechaya nestes 3 anos, cerca de 100 en total en Portugal, España e Croacia, tiveron aínda lugar nos máis diversos teatros e auditorios (Guimarães, Gouveia, Garda, Vila Real, Alcochete, Portalegre, Almada, Palmela, Estarreja, Rio Maior, Aveiro, São João da Madeira, Sines, Aula Magna en Lisboa etc.), prazas ao ar libre e festas populares (Tavira, Moita, Alhos Vedros, Lavradio, Almada, Leiria, Ponta Delgada, Nelas, Carrazeda de Ansiães, Torres Novas, Foz Côa, Arruda dos Vinhos, Caldas da Rainha, Lourinhã, Almeida etc.) e varios festivais (Andanças, Traçadinho, Granitos Folk, Festa do Cinema Francês, Festival Todos, Feira do Artesanato, Chaira Mediterrânica, Feira da Luz etc.).

Formación[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de Estudio[editar | editar a fonte]

  • Melech Mechaya (2008) (CD, edición de autor)
  • Budja Ba (2009) (CD, Ovação)

Compilacións[editar | editar a fonte]

  • Festival de Músicas do Mundo de Sines (2009) co tema "Danza Do Desprazer"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]