Mel Daniels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mel Daniels
Posición Pivote
Dorsal 34, 9
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Nacemento 20 de xullo de 1944
Míchigan Detroit, Míchigan
Morte 30 de outubro de 2015 (71 anos)
Indiana Sheridan, Indiana
Carreira
Instituto Pershing (Detroit, Michigan)
Universidade Burlington CC (1963–1964)
New Mexico (1964–1967)
NBA Draft 1967 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por New Jersey Nets
Tempadas 19671976
Equipo(s)
Estatísticas (NBA e ABA)
Puntos     11 778 (18,9 pp)
Rebotes     9 528 (14,9 pp)
Tapóns     1 140 (1,8 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Campión da ABA (1970, 1972, 1973)
  • 2× MVP da ABA (1969, 1971)
  • 7× All-Star da ABA (1968–1974)
  • 1× MVP do All-Star da ABA (1969)
  • #34 Retirado por Indiana Pacers
Basketball Hall of Fame como xogador
Adestrador

Melvin Joe Daniels, nado o 20 de xullo de 1944 en Detroit, Míchigan, e falecido o 30 de outubro de 2015 en Sheridan, Indiana, foi un xogador profesional de baloncesto que xogou na American Basketball Association (ABA) para os Minnesota Muskies, Indiana Pacers e Memphis Sounds, e na National Basketball Association (NBA) para os New York Nets. Daniels foi dúas veces escollido como Mellor Xogador da ABA e sete veces All-Star. Foi incluído no Basketball Hall of Fame en 2012.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres tempadas cos Lobos da Universidade de Novo Mexico, nas que fixo unha media de 20,0 puntos e 11,0 rebotes por partido.

Profesional[editar | editar a fonte]

Daniels foi elixido na sétima posición do Draft da NBA de 1967 polos Cincinnati Royals e polos Minnesota Muskies no Draft da ABA. Finalmente elixiu xogar na ABA, onde se acobou convertendo nun dos mellores xogadores da historia da competición. No seu primeiro ano foi elixido como o Mellor Rookie, seno ao ano seguinte traspasado aos Indiana Pacers, actual equipo da NBA que daquelas xogaba na ABA. Foi MVP da ABA nos anos 1969 e 1971, liderando aos Pacers a gañar tres campionatos (1970, 1972, 1973). Daniels xogou sete partidos do All-Star, sendo nomeado MVP do partido en 1971.

No global da súa carreira, Daniels conseguiu grandes récords. É o líder histórico da ABA no total de rebotes (9.494) e na media de rebotes por partido (15,1). Tras a desaparición da competición, xogou brevemente na NBA cos New York Nets. Despois da súa etapa como xogador, Daniels sumouse ao cadro de adestradores da Indiana State. Uns anos máis tarde, tamén sería adestrador na NBA, facéndose cargo do banco dos Indiana Pacers en 1988. Como homenaxe, desde 2012, Daniels forma parte do Naismith Memorial Basketball Hall of Fame, ademais o seu dorsal está retirado polos Pacers.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hall of Famers: Mel Daniels". Basketball Hall of Fame (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]