Saltar ao contido

Megalópole da Cidade de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa

A megalópole da Cidade de México está constituída fundamentalmente polo gran macizo e denso aglomerado urbano do Val de México, é dicir, o Distrito Federal e a súa área metropolitana ao norte, no leito desecado do que foi o lago de Texcoco, máis de vinte millóns de habitantes, o que se lle agregan coma dous pequenos apéndices, polo suroeste a área metropolitana de Toluca e polo sur a de Cuernavaca.

Todo xira en torno ao xigantismo sen rival da Cidade de México no Distrito Federal (ver historia urbana), xunto á que crecen soamente suburbios, xigantes tamén, coma Netzahualcóyotl ao leste, Ecatepec ao norte, ou Tlalnepantla e Naucalpan ao noroeste.

É de destacar, no extremo nordeste da área, as ruínas da que foi a cidade capital da cultara nai de todas as que viñeron despois no altiplano mexicano, Teotihuacán. estendeuse dende o ano 500 a. C. ata o 700, na que desapareceu, máis de seis séculos antes da fundación de Tenochtitlán polos aztecas, sobor da que os españois edificaron a actual capital. O esplendor de Teotihuacan foi contemporáneo do de Roma coa construción de grandes pirámides (as impresionantes do Sol e da Lúa e a moi fermosa de Quetzalcóatl)[1] Arquivado 09 de xullo de 2015 en Wayback Machine..

A medio prazo é de agardar a conurbación coa megalópole da área metropolitana de Puebla ao sueste, da que só os dous grandes volcáns, Popocatépetl e Iztaccíhuatl, a separan ata o de agora.

Megalópole da Cidade de México:

  • AM do Val de México....................20 330 000
  • AM de Toluca de Lerdo....................1 100 000
  • AM de Cuernavaca de Morelos............920.000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]