Maximino Montero Barreiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Zas, España |
Morte | 12 de xaneiro de 1970 (86/87 anos) Zas, España |
Alcalde de Zas | |
5 de febreiro de 1961 – 8 de xaneiro de 1968 | |
Alcalde de Zas | |
20 de outubro de 1936 – 30 de setembro de 1959 ← Jorge Varela Rial | |
Alcalde de Zas | |
21 de marzo de 1931 – 21 de febreiro de 1936 | |
Alcalde de Zas | |
1914 – 1923 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Maximino Montero Barreiro, nado en Zas en 1883 e finado no mesmo concello o 12 de xaneiro de 1970,[1] foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Montero Torreiro. Foi nomeado alcalde de Zas en 1914 sucedendo ao seu pai. Mantívose no cargo ata a ditadura de Primo de Rivera. Coa II República foi elixido alcalde o 21 de marzo de 1931, permanecendo no cargo até o 21 de febreiro de 1936, cando foi destituído logo do triunfo da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado novamente alcalde o 20 de outubro de 1936, permanecendo no cargo até o 30 de setembro de 1959. Volveu ser alcalde do 5 de febreiro de 1961 ao 8 de xaneiro de 1968.[2]
Predecesor: Manuel Montero Torreiro |
Alcalde de Zas 1914 - 1923 |
Sucesor: Francisco Moreira Varela |
Predecesor: José María Pose González |
Alcalde de Zas 1931 - 1936 |
Sucesor: Manuel Romero Blanco |
Predecesor: Jorge Varela Rial |
Alcalde de Zas 1936 - 1959 |
Sucesor: Maximino Manuel Montero Romero |
Predecesor: Maximino Manuel Montero Romero |
Alcalde de Zas 1961 - 1968 |
Sucesor: Maximino Manuel Montero Romero
|
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Romero Muñiz e foi pai de Maximino Manuel Montero Romero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-1-1970, p. 13.
- ↑ La Voz de Galicia, 21-10-2001, p. L10.