Saltar ao contido

Maurice Garin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaurice Garin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1871 Editar o valor en Wikidata
Arvier, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Lens, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLens Eastern Communal Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
1901-1904 La Française
Participou en
1 de xullo de 1903Tour de Francia 1903 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAmbroise Garin
César Garin Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 39861139 Editar o valor en Wikidata

Maurice Garin, nado o 3 de marzo de 1871 na localidade italiana de Arvier e finado o 19 de febreiro de 1957 en Lens, foi un ciclista francés de finais do século XIX e comezos do século XX, que é recordado sobre todo por ter sido o primeiro gañador do Tour de Francia, en 1903.

Carreira deportiva

[editar | editar a fonte]

Os primeiros éxitos da súa carreira ocorreron en 1893, 1894 e 1895, moitos deles en probas de resistencia de 24 horas ou centos de quilómetros, que tiñan lugar en pistas ou velódromos. En 1897 e 1898 acadou sendas vitorias na París-Roubaix, amais doutros triunfos. En 1902 gañou a prestixiosa pero desaparecida Bordeos-París. Cando en 1903 naceu o Tour de Francia, Garin xa tiña 32 anos, pero aínda era considerado un dos favoritos para a vitoria final en París, cousa que confirmou acadando 3 vitorias de etapa nun total de 6 e o triunfo final con case 3 horas de vantaxe sobre o segundo clasificado. En 1904 acadou de novo a vitoria na Grande Boucle, con 2 vitorias de etapa, pero 4 meses despois foi desposuido do título acusado de ter feito parte do percorrido en coche, algo que el negou durante o resto da súa vida. Nesa actuación foron eliminados da carreira os 4 primeiros clasificados daquel Tour, non só Maurice Garin. Suspendido deportivamente por 2 anos, decidiu retirarse do deporte profesional.

Trala súa retirada montou un taller de bicicletas na cidade de Lens, e mesmo creou un equipo profesional chamado "Garin".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]