Saltar ao contido

María del Pilar Maspons i Labrós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría del Pilar Maspons i Labrós

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Maria del Pilar Maspons i Labrós Editar o valor en Wikidata
4 de decembro de 1841 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1907 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, folclorista, escritora, novelista, etnólogo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioMaria de Bell-Iloc Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFrancesc de Sales Maspons i Labrós
Marià Maspons i Labrós Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancesc Pelagi Briz i Fernández, cuñado Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNou diccionari de la literatura catalana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX880885


María del Pilar Maspons i Labrós, nada en Barcelona o 4 de decembro de 1841 e finada o 31 de xaneiro de 1907,[1] foi unha escritora da Renaixença catalá, que usou o pseudónimo de María de Bell-Iloc.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmá de Francesc de Sales Maspons i Labrós e cuñada de Francesc Pelagi Briz, colaborou en prosa e verso en publicacións como Lo Gai Saber, La Renaixença, La Veu del Montserrat, Calendari Català ou La Llumanera de Nova York[2].

A súa obra está marcada polas tendencias da Renaixença, por un Romanticismo de carácter medieval, patriótico e tradicionalista. Deuse a coñecer como poeta, e foi unha das primeiras mulleres folcloristas, facendo traballo de campo para recompilar e transcribir lendas e narracións etnográficas que despois recreou e editou. É a autora da primeira novela da literatura catalá contemporánea, Vigatans i botiflers, publicada por fascículos entre 1878-1879 e ambientada durante a Guerra de Sucesión Española.

  • Salabrugas, poesías catalanas (1874)
  • Narracions y llegendas (1875)
  • Vigatans y botiflers, novela histórica (1878)
  • Llegendas catalanas (1881)
  • Costums i tradicions del Vallès (1882)[3]
  • Elisabeth de Mur (1924)
  • Primeiro accésit ao xasmín de prata en Lleida en 1869
  • Premio dos Xogos Florais de Barcelona en 1875 por Narracions i llegendes.
  • Premio dos Xogos Florais de Barcelona en 1880 por Montseny
  • Premio dos Xogos Florais de Granollers en 1882 por Costums i tradicions del Vallès.
  1. Carrer de Maria de Bell-lloc
  2. "Maria del Pilar Maspons Labrós". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  3. Bigues i Riells: Fundació Privada de Bigues i Riells, ed. (2007). Les llegendes en el paisatge de Maria de Bell-lloc. p. 93.