María Guardiola
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1978 (45 anos) Cáceres, España |
Presidenta de Estremadura | |
17 de xullo de 2023 – ← Guillermo Fernández Vara | |
Deputada da Asemblea de Estremadura | |
20 de xuño de 2023 – Circunscrición electoral: Cáceres (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Estremadura |
Actividade | |
Ocupación | política, funcionaria pública |
Partido político | Partido Popular |
María Guardiola Martín, nada en Cáceres o 5 de decembro de 1978 [1] é unha política estremeña do Partido Popular, líder do Partido Popular de Estremadura dende 2022 e candidata ás eleccións autonómicas de Estremadura de 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en administración e dirección de empresas e en ciencias empresariais pola Universidade de Estremadura. Despois traballou durante máis de dúas décadas como funcionaria na Xunta de Estremadura[1], foi xefa do servizo de atención a maiores da Consellería de Sanidade e Dependencia, xefa da unidade de xestión económica e orzamentaria do Servizo Estremeño de Promoción da Autonomía e Atención á Depedencia e xefa do servizo de xestión orzamentaria da Consellería de Emprego. Foi secretaria xeral de Economía e Facenda en 2012 e de Ciencia e Tecnoloxía na Consellería de Economía, Competitividade e Innovación en 2014
En 2022 Guardiola foi a única candidata que recibiu as sinaturas precisas para optar á dirección do Partido Popular de Estremadura, en substitución de José Antonio Monago que ocupaba o cargo dende 2008 [2]. Foi concelleira na súa cidade natal, onde o seu partido estaba na oposición, e converteuse na primeira muller en liderar un dos dous grandes partidos na autonomía [3]. Apoiouna o entón líder do seu partido Pablo Casado, como parte dunha tendencia a seleccionar políticos municipais para as candidaturas autonómicas, e mantivo ese apoio o sucesor de Casado, Alberto Núñez Feijóo [4]. Fernando Pizarro, o alcalde de Plasencia durante tres mandatos fixo unha campaña entre as bases pero ao se retirar, cando quedaba unha semana para concentrarse na súa reelección nas eleccións municipais, deixou a Guardiola coma única candidata [3] [4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "María Guardiola anuncia su candidatura a presidir el PP de Extremadura". El Economista. 10 de xuño de 2022.
- ↑ "María Guardiola, proclamada candidata única a la presidencia del PP Extremadura". El Diario. 19 de xuño de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "María Guardiola, nueva presidenta del PP de Extremadura con el apoyo del 97,7% de votos". The Objective. 16 de xullo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Feijóo apuesta por una ‘nueva Ayuso’ para liderar el PP en Extremadura". The Objective. 4 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a María Guardiola. Badajoz Directo