Marx Lênin
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 2000 ![]() Río de Xaneiro, Brasil ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Marx Lênin dos Santos Gonçalves, coñecido como Marx Lênin, nado no Río de Xaneiro o 11 de abril de 2000, é un futbolista brasileiro que xoga como centrocampista ofensivo no Galícia, da Serie B do Campionato Baiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debido ao seu infrecuente nome, unha mestura dos apelidos de Karl Marx e Vladimir Lenin, atraeu a atención pública dende que xogaba nas categorías inferiores do Flamengo.[1] No Mengão compartiu equipo entre outros con Vinícius Júnior,[2] pero sen oportunidades co primeiro equipo, foi traspasado ao Akron Toliatti de Rusia.[3] En marzo de 2024, regresou ao Brasil para xogar no Amazonas FC,[4] club no que militou ata xuño, cando fichou polo Galícia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Flamengo - Vinícius Jr. como amigo e estudado na escola: quem é Marx Lenin, dono do nome mais curioso da Copinha". ESPN (en portugués). 27 de xuño de 2024. Consultado o 27 de xuño de 2024.
- ↑ "Zero política, febre nas redes e futuro no futebol: Marx Lenin, a promessa do Fla" (en portugués). 30 de decembro de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2024.
- ↑ "Ex-Flamengo, 'revolucionário' Marx Lenin é anunciado pelo Akron Tolyatti, da Rússia". ESPN (en portugués). 18 de outubro de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2024.
- ↑ Alves, João Felipe (27 de marzo de 2024). "Marx Lênin é o novo reforço do Amazonas" (en portugués). Consultado o 27 de xuño de 2024.