Maru Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maru Menéndez
Primera sesión del debate de investidura de Esperanza Aguirre (madrid.org) (3) (cropped).jpg
Nacemento6 de xullo de 1959
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Carmen Menéndez González-Palenzuela, nada en Ferrol o 6 de xullo 1959, coñecida como Maru Menéndez, é unha política española.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla dun militar, o capitán de navío Camilo Menéndez Vives, simpatizante do partido ultradereitista Fuerza Nueva e partícipe do golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. Un tío-avó seu foi Camilo Menéndez Tolosa, ministro do Exército (1964-69) nun dos Gobernos do réxime franquista.

Licenciada en psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Funcionaria do Servizo Público Estatal de Emprego do Ministerio de Traballo. Escala Superior de Organismos Autónomos. Sindicalista da Unión Xeral de Traballadores (UXT), onde dende 1983 desempeñou distintos cargos. Foi membro da Comisión Executiva Rexional de UXT-Madrid, en distintas secretarías. Responsable confederal de Servizos Sociais. Membro do Comité Confederal da Unión Xeral de Traballadores de España.

Tras ser secretaria de Política Institucional do sindicato UXT-Madrid, integrouse na candidatura do PSOE á Asemblea de Madrid nas eleccións rexionais do 27 de maio de 2007, ocupando o número 6 da lista liderada por Rafael Simancas.

Tras a dimisión de Rafael Simancas pasou a ser voceira do Grupo Parlamentario Socialista na Asemblea de Madrid.

En 2011, é nomeada senadora pola Comunidade de Madrid.

O 4 de marzo de 2012 foi elixida secretaria de organización do PSM-PSOE no 12.º Congreso rexional do partido.

Notas[editar | editar a fonte]