Martin B-10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martin B-10
Tipobombardeiro
FabricanteGlenn L. Martin Company
Deseñado porPeyton M. Magruder
Primeiro voo16 de febreiro de 1932
Introducidonovembro de 1934
Retirado1949 (Tailandia)
Principais usuariosUSAAC
Forza Aérea do Exército Real das Índias Orientais Neerlandesas
Forza Aérea Turca
Produción1933 - 1940
Unidades construídas348
VariantesMartin Model 146

O Martin B-10 foi o primeiro bombardeiro monoplano de metal en ser usado regularmente polo Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos, entrando en servizo en xuño de 1934.[1] Tamén foi o primeiro bombardeiro producido en serie cun rendemento superior ao dos avións de caza do Exército da época.[2]

O B-10 serviu como fuselaxe para as designacións B-12, B-13, B-14, A-15 e O-45 que usaban motores Pratt & Whitney en vez de Wright Cyclones. Fabricáronse un total de 348 unidades de todas as versións. Os principais usuarios foron os Estados Unidos, con 166, e os Países Baixos, con 121.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jackson 2003, p. 246
  2. Eden e Moeng 2002, p. 931