Marta Herraiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarta Herraiz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Carlos III de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsultora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Marta Fernández Herraiz, nada en Santiago de Compostela en 1980,[1] é unha consultora galega, fundadora de LesWorking, e Co-Directora Xeral de REDI. Abertamente lesbiana, está considerada unha das persoas do colectivo LGBT máis influentes de España.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten unha dobre licenciatura en Dereito e Empresas pola Universidade Carlos III e MBA polo Instituto de Empresa. Traballou durante máis de 10 anos en consultoría estratéxica e de negocio para empresas multinacionais como KPMG, desenvolvendo proxectos en España, Italia, os Estados Unidos de América, México e a Arxentina.[3]

É fundadora de LesWorking, que é a primeira rede profesional internacional para mulleres lesbianas, cuxo obxectivo é conectar e apoderar as mulleres lesbianas promovendo unha visibilidade integradora e positiva da comunidade lésbica.[2] É ademais, Co-directora xeral da Asociación REDI, Rede Empresarial pola Diversidade e Inclusión LGBTI en España, que é á súa vez a primeira asociación inter-empresarial de profesionais e foro de referencia en materia de diversidade e inclusión dos empregados LGBTI+ e aliados en España.[4]

Tamén é integrante do Board da European Lesbian* Conference (EL*C), unha rede de mulleres activistas lesbianas de Europa e Asia Central.[5] Foi poñente en TEDx Valladolid[6] e participou en foros nacionais e internacionais nos Estados Unidos, Europa e Latinoamérica.[2]

É embaixadora de It Gets Better España,[7] e alumni do Departamento de Estado do Goberno dos Estados Unidos.[2] Xunto con Kira Fumero, publicou Lesbianas, así somos, para abordar a realidade das mulleres lesbianas.[8]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Está considerada unha das Top100 Mulleres Líderes,[9] recibiu unha Estrela da Muller e un premio LGBT da Comunidade de Madrid,[10] un premio Baeza Diversidade[11] e foi candidata aos premios EPIC do IE en 2018.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juárez, Ana Sánchez (25 de xuño de 2015). "Marta Fernández Herraiz: "Nunca me sentí discriminada en KPMG por ser lesbiana"". vanitatis.elconfidencial.com. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Marta Fernández Herraiz". LB Talks. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  3. "Marta Fernández Herraiz | HuffPost". www.huffingtonpost.es. Consultado o 5 de maio de 2022. [Ligazón morta permanente]
  4. "¿Quiénes somos? – REDI". Consultado o 5 de maio de 2022. 
  5. "About EL*C « EuroCentralAsian Lesbian* Community". europeanlesbianconference.org. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  6. "¿Es un buen negocio en y para las empresas salir del armario? | Marta Fernandez | TEDxValladolid". Consultado o 5 de maio de 2022. 
  7. "Marta Fernández Herraiz se convierte en la segunda embajadora de It Gets Better España". 
  8. Fumero, Kika (2018). Lesbianas, así somos. ISBN 978-84-948603-7-9. OCLC 1083233742. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  9. "Top 100 | Ver Perfil". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  10. "La Comunidad de Madrid entrega sus premios LGTB del 2014". Chueca. 26 de xuño de 2014. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  11. "Premios Baeza Diversidad". 
  12. "Premios Epic | IE | Comunidad Alumni". Alumni. Consultado o 5 de maio de 2022.