Marmaduke Duke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marmaduke Duke
OrixeAyrshire, Escocia Escocia
Período2003 - presente
Xénero(s)rock alternativo, indie pop, rock experimental, post-hardcore, rock acústico, dance-pop, funk
Selo(s) discográfico(s)Captains of Industry, 14th Floor
MembrosJP Reid
Simon Neil
Na rede
themarmadukeduke.com
Musicbrainz: 69663ae1-5ce3-4c0b-a6ce-f476863b9065 Songkick: 307222 Discogs: 1382171 Deezer: 169448 Editar o valor em Wikidata

Marmaduke Duke é un dúo de rock conceptual escocés procedente de Ayrshire e formado por Simon Neil de Biffy Clyro e JP Reid de Sucioperro. No grupo a parella utiliza os seudónimos The Atmosphere e The Dragon respectivamente. Segundo Neil, a banda, e os seus álbums, están "baseados ​​nunha triloxía de manuscritos inéditos que un amigo noso trouxo a este país hai uns anos. Realmente estamos traballando para facer a banda sonora desas historias".[1]

Ata a data a banda publicou dous álbums de estudio, conseguindo o segundo, Duke Pandemonium, éxito comercial no Reino Unido. O disco chegou ao número 14 da lista británica de álbums.[2]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Magnificent Duke 2005 Captains of Industry
Duke Pandemonium 2009 14th Floor Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "DiS meets Simon Neil in his Marmaduke Duke guise / In Depth // Drowned In Sound". web.archive.org. 2020-06-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 2022-12-26. 
  2. "Marmaduke Duke". www.officialcharts.com. Consultado o 2022-12-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]