Mark Garrow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mark Garrow
Biografía
Nacemento2 de abril de 1955 en Wilbraham, Massachusetts, EUA
Pasamento19 de outubro de 2007
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de decembro de 1984
Xeneral da Congregación dos Padres Marianos
1999 - 2005

Mark Garrow, M.I.C., nado o 2 de abril de 1955 en Wilbraham e finado o 19 de outubro de 2007 en Stockbridge, foi un sacerdote católico latino estadounidense, xeneral da Congregación dos Padres Marianos entre 1999 e 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois da súa ordenación sacerdotal o 29 de decembro de 1984, foi mestre superior de novizos en Brookeville, Maryland, e prefecto de formación da provincia de Santo Estanislau Kostka.

Entre os anos 1993 e 1999 foi membro do Consello Xeral da Congregación dos Padres Marianos, e foi o prefecto xeral de formación. Entre os anos 1999 e 2005 foi o xeneral superior da súa congregación. Mentres exercía como xeneral, dirixiu o proceso de fusión das dúas provincias americanas da orde.

En 2006 foi elixido primeiro provincial da Provincia da Santísima Virxe María, Nai da Misericordia, establecida en 2005 nos Estados Unidos de América. Mantivo este cargo ata a súa morte por cancro en 2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Adam Boniecki
 Xeneral da Congregación dos Padres Marianos 
1999 - 2005
Sucesor:
Jan Rokosz