Saltar ao contido

Marián Ferreiro Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarián Ferreiro Díaz
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Narón, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Narón
23 de setembro de 2017 –
← Xosé Manuel Blanco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoTerra Galega Editar o valor en Wikidata

Marián Ferreiro Díaz, nada en Narón o 1 de outubro de 1977,[1] é unha política galega de Terra Galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no Instituto das Telleiras. Foi dependenta de comercio e administrativa do Concello de Narón (2006-2015). Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como número 2 na candidatura de Terra Galega que encabezaba Xosé Manuel Blanco e foi elixida concelleira. Foi concelleira de Cultura e primeira tenenta de alcalde. En setembro de 2017, logo da renuncia ao cargo de Xosé Manuel Blanco por idade, foi elixida alcaldesa de Narón o 23 de setembro.[2]

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[3] e igualmente nas de 2023.[4]

  1. "MARIAN FERREIRO DIAZ - Portal de la Transparencia". naron.transparencialocal.gob.es. Consultado o 2024-04-13. 
  2. Loureiro, Ramón (2017-09-23). "Marián Ferreiro, primera alcaldesa de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-04-13. 
  3. "Narón". www.fegamp.gal. Consultado o 2024-04-13. 
  4. Redacción (17 de xuño de 2023). "Marián Ferreiro revalida su cargo como alcaldesa de Narón". cope.es (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Xosé Manuel Blanco
 
Alcaldesa de Narón
 
2017 - actualidade
Sucesor:
no cargo