Marista
Aparencia
Marista foi unha cidade situada ao leste (lixeiramente ao sueste) de Hattusa, na Terra Alta Hitita.
Os kaska de Pishuru ao comezar o século –XIII dominaron as cidades hititas de Ishupitta e Daistipassa, desde onde conquistaron Landa, Marista e algunhas cidades fortificadas dos hititas. Marista foi cedida pouco despois por Muwatallis II ao seu irmán Hattusilis dentro do reino vasalo de Hakpis.