Mario Costeja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mario Costeja
Nacemento1955
 Brasil
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Mario Costeja González, nado no Brasil en 1955, é un perito caligráfico galego, coñecido por conseguir que os tribunais lle recoñecesen o dereito ao esquecemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de catalán e galega, naceu na emigración brasileira. Casado, posuía unha tenda coa súa muller, que entrou en crise e pechou con altos niveis de endebedamento. En 1998 o xornal La Vanguardia publicaba un anuncio do Ministerio de Traballo de España onde se avisaba da poxa de bens embargados a Mario Costeja. Anos máis tarde, ao dixitalizarse o arquivo histórico de La Vanguardia ese anuncio mostrábase cada vez que algúen googleaba o nome de Mario Costeja, polo que este entendía que se lle causaba un prexuízo, especialmente dado que os motivos que causaran o embargo foran xa resoltos e Costeja xa non estaba casado.

Costeja reclamoulle en 2009 o borrado desas páxinas do resultado da busca a Google, apoiado pola Axencia Española de Protección de Datos. Google negouse, a Audiencia Nacional pediu consulta ao Tribunal Europeo de Xustiza e este, en maio de 2014 sentenciou en favor de Costeja, recoñecéndolle o seu dereito á protección de datos derivados dos procesos de busca automatizada na internet. A sentenza do tribunal europeo[1] tivo unha ampla repercusión internacional[2].

Notas[editar | editar a fonte]