Marian Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marian Álvarez
Premios Goya 2018 - Marian Álvarez.jpg
Nome completoMarian Álvarez Cachero
Nacemento1 de abril de 1978 (41 anos)
LugarMadrid, España España
NacionalidadeEspaña
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Marian Álvarez Cachero, nada en Madrid o 1 de abril de 1978, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pouco despois de matricularse en ciencias empresariais, ingresou na escola de interpretación Juan Carlos Corazza. En 2000 chegou o seu debut como actriz en televisión, nun pequeno papel na serie El grupo, emitida por Telecinco. Desde ese momento a súa carreira enfocouse principalmente cara ás producións televisivas, onde alternou papeis menores con outros de maior importancia.

O seu primeiro papel recorrente tivo lugar en 2001 na serie 7 vidas, onde interpretou a Lucía durante sete capítulos. En 2004, deu vida a Paloma en Sopa boba. Ese mesmo ano, debutou na grande pantalla en Incautos de Miguel Bardem. En 2005, foi Esther en Motivos personales. Un ano despois, formou parte do elenco de Tirando a dar por sete capítulos. Moito máis duradeira foi a súa participación na lonxeva serie de Telecinco Hospital Central, onde o seu papel como a doutora Lola Sanz prolongouse durante os anos 2007 e 2008, por varias tempadas.

Tras varias miniseries como La ira (2009), Vuelo IL 8714 (2010) ou La duquesa II (2011) outro novo papel como doutora, o de Marta Romero, en 2012, fíxolle destacar en La fuga, emitida por Telecinco.

En 2013, estreou La heda, a súa película máis premiada, coa que foi galardoada coa Concha de Plata á mellor actriz no Festival de San Sebastián e con Premio Goya á mellor actriz protagonista.

Nos anos seguintes apareceu en filmes como Felices 140 (2015), xunto a Maribel Verdú, Lobos sucios (2015), Cien años de perdón (2016) con Luís Tosar, La niebla y la doncella (2017), Morir (2017) e El cuaderno de Sara (2018)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos ou recorrentes[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Festival Internacional de Cine de Donostia
Ano Categoría Película Resultado
2013 Cuncha de Prata á mellor actriz La herida Gañadora
Premios Goya
Ano Categoría Película Resultado
2015 Mellor actriz secundaria Felices 140 Nomeada
2014 Mellor interpretación feminina protagonista La herida Gañadora

Premios Feroz

Ano Categoría Película Resultado
2015 Mellor actriz secundaria Felices 140 Nomeada
Outros

2007

  • Premio Leopardo de Plata á mellor interpretación feminina no Festival Locarno por Lo mejor de mí (2007), de Roser Aguilar.
  • Premio á mellor actriz no Festival Internacional de Curtas FIB por ¡Sálvame! (2007), de Javier Veiga.
  • Premio á mellor actriz revelación nos premios Cartelera Turia de Valencia por Lo mejor de mí.

2008

2013

2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]